Situación: Situada a 7 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación

Entidades poboacionais: 44
Ación, Os Ares, O Barreiro, Berulfe, O Cancelo, A Casa Nova de Vilariño, As Casa Vellas, Cibreiro, Novás, As Costoiras, O Coto, Drada, O Fagundo, Forcamuñiz, O Gorgulfe, O Laxoso, Lea, Liñarede, Malde, Os Manchás, O Mato, O Meao, O Merendero, Nandulfe, A Tiñaz, O Pazo, A Pena, Pena Roldán, A Pena Fachada, O Pico Farelo, Os ramos, A Reboira, Rego Pequeno, As Reixa, Requeixo, A Ribeira, San Miguel , O Tarrelo, A Tolda, O Toxo Brañío, Vilarchán, Vilargabín, O Vilariño, Vilasuso.

Os Vilares conta cun gran patrimonio histórico-cultural. Destaca a súa Igrexa Parroquial, situada na praza do Campo da Festa nas Reixas, e o Calvario – conxunto de cruceiros que representan a paixón e morte de Xesús – que esta ó lado da igrexa. Esta igrexa comezou sendo unha capela no século XII e foi transformándose ata chegar ao que é hoxe.

A parroquia tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas. Outro dos tesouros de esta parroquia é a Pena Roldán, situada no lugar da Pena Fachada,  unha enorme rocha situada nun contorno natural que a fai digna de ver e coñecer a súa lenda.

Festas:

  • Festas patronais de San Vicente
  • Festa popular da Pascua que se celebra na Semana Santa.
  • Romaría labrega da Chaira celebrada no Cancelo