Ruta da Pedra de Díaz Castro

A Ruta da Pedra de Díaz Castro mostra as fermosas paisaxes que serviron de inspiración dos poemas de Xosé María Díaz Castro, impregnados da relación do home coa terra, a través da visión da vida dos seus veciños de aldea.

Icono de senderista

Nivel de dificultade: Baixa

Icono de reloj

Tempo: 1:20h

Icono de camino

Distancia: 4,85km

A ruta comeza no lugar do Vilariño, a carón da casa de nacemento do poeta, camiñando entre carballos, bidueiros e castiñeiros chégase á casa dos antigos canteiros, testemuña dunha das profesións máis representativas do lugar. A ruta adéntrase por camiños de terra onde os diferentes valados de pedra delimitan unha paisaxe tocada pola man do home, debuxando un mosaico de prados alternado con bosques naturais.

Se necesitas máis información, ponte en contacto con nós e estaremos encantados de mostrarche todos os recunchos desta ruta.

Contacto