Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
O Camiño Tradicional
O Camiño tradicional pertence a etapa que vai dende Baamonde a Miraz (Friol), un tramo de aproximadamente 7,7km que mostra a marabillosa paisaxe que envolve o Concello de Guitiriz (San Alberte – Digañe).
Nivel de dificultade: Media-baixa
Tempo: 1:25h
Distancia: 7,7km
A etapa comeza no lugar da Lamela (Pígara) e continúa cara Baamonde (Begonte) por terras guitiricenses.
Unha vez deixamos a estrada nacional, desviámonos a esquerda, cruzando a vía do tren. Alí atopamos unha ponte de estilo gótico sobre o río Parga, ata chegar ó idílico santuario de San Alberte (Sambreixo). A súa capela de XIV, atópase nun fermoso espazo natural. Na mesma fraga onde se sitúa esta, existe unha fonte, que segundo conta a tradición popular é boa para as persoas con problemas de fala, e un fermoso cruceiro. En este mesmo santuario case máxico, realízase cada ano no mes de maio unha romería que recupera a tradición do lugar.
Aínda na parroquia de Sambreixo, nace unha senda non muy larga cun bonito desnivel que morre á altura de O Rego da Viña. O itinerario torce á dereita para atoparnos co lugar de Bandoncel. Uns pasos máis adiante, en Eirexe, atopamos o albergue Deva Pronatura.
Continuamos polo lugar de Caínzos, onde podemos ver un fermoso palco de orquestra de cemento no campo da festa. Continuamos o itinerario por camiños de terra e pedra cara o lugar de Digañe e Raposeira, ambos pertencentes a Santa Leocadia. Onde podemos ver outro tradicional campo da festa e, cun pequeno desvío á esquerda, podemos atopar a súa fermosa igrexa.
O roteiro toma camiño cara a esquerda por unha estrada local ata Carballedo, onde se sitúa o Punto de Apoio ao Peregrino, un café rústico onde o viaxeiro pode descansar.
Unha vez retomado o camiño, atopámonos en Aldar, onde se pode ver o posto de artesanía dedicado á peregrinación. A partir deste punto, déixase atrás a Terra Chá e adentrámonos no municipio de Friol, á altura da área recreativa de Seixón.