Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Etapa Baamonde – Sobrado por Vilar – As Cruces (32 km)
Este nova vertente, sinalizada pola Xunta de Galicia no 2017, comeza tamén en San Alberte e coincide varios quilómetros coa outra variante ata chegar a Toar, punto onde ambas se separan.
O lugar de Toar, pertence a parroquia de Sambreixo. Cando atravesamos a fermosa aldea, podemos apreciar o Rego de Toar que nace un pouco máis a esquerda, en Eirexe, solar da igrexa parroquial de Sambreixo. Seguindo o regato, que desemboca no río Parga, podemos ver un antigo lavadoiro.
Un pouco máis adiante, bifúrcase o camiño, á dereita tomamos a ruta cara a Pobra de Parga por un camiño envolto en natureza ata o cruce do Rego de Portofontao. Alí tomamos a esquerda cara A Belouchada.
En A Belouchada podemos ver dous cruceiros e as casas do lugar. Se continuamos a ruta, vemos as primeiras casas da Pobra cun paisaxe de bosques frondosos e fermosas fragas.



A Pobra, un recinto castrexo prerromano, conta coa Igrexa Parroquial de Santo Estevo e o Castelo de Parga do século XVI, que conta cunha pequena lenda. Dise que durante o reinado dos Reis Católicos se converteu en cárcere e que se oía en todo Parga os queixumes dos prisioneiros cando eran torturados.
Ao paso por a Pobra, dirixímonos cara Ferreira e Montemeá. Ao chegar o lugar de Montemeá o peregrino vaise atopar cun cruce, e ten que tomar a man esquerda pola pista de terra, e a uns 500 mts tomar un sendeiro que o levará ata o lugar de Rebordiños do Monte para continuar ata o Vilar.
Dende o Vilar continuarase un tramo pola estrada ata chegar a parroquia das Negradas. Xusto antes, onde se atopa o indicador do nome da parroquia, hai que tomar un sendeiro a man dereita que nos levará cara a Penabranca, e dende aí vaise a As Cruces para finalmente chegar a Sobrado, onde finaliza a etapa.
ALOXAMENTOS NESTA VARIANTE:
PARGA NATURE
Plaza Santo Estevo, 14, Parga, 2380 Parga, Guitiriz (Lugo).
Telf: 642 411 371.
CASA RURAL A CUEVONA.
Lugar. O Covelo, s/n, 27380, Guitiriz, Lugo.
Telf: 984 055 554.
CASA DON LINO.
R/ Castelao, 1, 27380, Parga, Guitiriz.
Tlf: 657 018 347.
TABERNA A MODIA
Lgar. Casanova, 4, 27308, Vilar.
Telf: 696 330 409.