Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
O Camiño Primitivo
O Camiño Primitivo de Santiago xurde da búsqueda de criterios históricos e medio ambientales. Este novo percorrido permite aos camiñantes coñecer Guitiriz máis a fondo e desfrutar da súa riqueza natural, histórica e cultura da Terra da Pedra e da Auga.
Esta nova vertente comeza tamén no lugar de San Alberte, e coincide varios quilómetros co camiño tradicional.
No lugar de Toar, pertencente a parroquia de Sambreixo, atravesamos unha fermosa aldea, podemos apreciar tamén o Rego de Toar que nace un pouco máis a esquerda, en Eirexe, solar da igrexa parroquial de Sambreixo. Seguindo o regato, que desemboca no río Parga, podemos ver un antigo lavadoiro.
Un pouco máis adiante, bifúrcase o camiño, á dereita tomamos a ruta cara a Pobra de Parga por un camiño envolto en natureza ata o cruce do Rego de Portofontao. Alí tomamos a esquerda cara a Belouchada.
En a Belouchada podemos ver dous cruceiros e as casas do lugar. Se continuamos a ruta, vemos as primeiras casas da Pobra cun paisaxe de bosques frondosos e fermosas fragas.
A Pobra, un recinto castrexo prerromano, conta coa Igrexa Parroquial de Santo Estevo e O Castelo de Parga do século XVI que conta cunha pequena lenda. Dise que durante o reinado dos Reis Católicos se converteu en cárcere e que se oía en todo Parga os lamentos dos prisioneiros cando eran torturados.
Ao paso por a Pobra, dirixímonos cara Ferreira e Montemeá. O chegar o lugar de Montemeá o peregrino vaise atopar cun cruce, e ten que tomar a man esquerda pola pista de terra, é a uns 500 mts tomar un sendeiro que o levará ata o lugar de Rebordiños do Monte para continuar ata o Vilar.
Dende o Vilar continuase un tramo pola estrada ata chegar a parroquia das Negradas , xusto antes onde se atopa o indicador do nome da parroquia hai que tomar un sendeiro a man dereita , que nos levará cara a Penabranca, e dende ai vaise as Cruces para finalmente chegar a Sobrado onde finaliza a etapa.