Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Santa Cruz de Parga
Situación: Situada a 8,9 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 15
Baldomar, Bueiro, O Candorco, O Castro, Ferreiro, A Fontemourela, A Igrexa, Ixavara, As Lobeiras, Painzás, Pedracova, A Pena, Penabico, A Pontella, Os Portos.
Na parroquia de Santa Cruz de Parga podemos atopar varias mámoas ou medorras como poden ser A Modia da Fraga do Rei, no lugar de Lobeiras e a Medorra de O Vieiro, en O Castro.
Atopamos no seu entorno pegada da cultura castrexa: “Castros de Pedrasos” en Ferreiros e “Castro de Candorco” en O Candorco. Consérvanse tamén restos de “Aras romanas”, pequenos monumentos monolíticos en conmemoración dun recordo de algo ou alguén, no barrio da Torre.
Destaca a súa Igrexa Parroquial de Santa Cruz de estilo románico do século XII. Ademais da igrexa, tamén destacamos o “Calvario” conxunto de cruceiros que representan a paixón de Cristo. Tamén se pode apreciar o “Pazo de Pontella” do ano 1799, mostra da arquitectura civil.
A vida desta parroquia estivo moi influenciada polo centro militar situado na loma suroeste do “Penedo do Castelo” na serra de Santa Cruz. O centro fundouse nos anos 40 e funcionou como campamento rexional ata 1965. Na actualidade ocupa a mesma extensión e consta de 3 campos de tiro e cunha pequena agrupación de profesionais que coidan e manteñen as instalacións.
Festas: Primeiro fin de semana de maio.