Background

ETAPA BAAMONDE – SOBRADO POR SANTA LEOCADIA – MIRAZ (39,8 km)

O Camiño tradicional pertence á etapa que vai dende Baamonde a Miraz (Friol), un tramo que mostra a marabillosa paisaxe que envolve o Concello de Guitiriz (San Alberte – Digañe).

A etapa comeza no lugar da Lamela (Pígara) e continúa cara Baamonde (Begonte) por terras guitiricenses.

Unha vez deixamos a estrada nacional, desviámonos á esquerda, cruzando a vía do tren. Alí atopamos unha ponte de estilo gótico sobre o río Parga, ata chegar ó idílico santuario de San Alberte (Sambreixo). Na súa capela do século XIV atópase un fermoso espazo natural.

Na mesma fraga onde se sitúa esta, existe unha fonte, que segundo conta a tradición popular é boa para as persoas con problemas de fala, e un fermoso cruceiro. En este mesmo santuario case máxico, realízase cada ano no mes de maio unha romaría que recupera a tradición do lugar. Aínda na parroquia de Sambreixo, nace unha senda non moi larga cun bonito desnivel que morre á altura de O Rego da Viña. O itinerario torce á dereita para atoparnos co lugar de Bandoncel.

Puente gótico de San Alberte
Santuario San Alberte
Fonte de San Alberte

O tramo máis complicado é o que conecta a Capela de San Alberte con Bandoncel, sobre todo se fas o camiño en bicicleta. Polo que podes tomar a alternativa asfaltada antes de atravesar o camiño de terra que nos dirixe ao santuario.

Continuamos polo lugar de Caínzos, onde podemos ver un fermoso palco de orquestra de cemento no campo da festa. Continuamos o itinerario por camiños de terra e pedra cara o lugar de Digañe e Raposeira, ambos pertencentes a Santa Leocadia. Onde podemos ver outro tradicional campo da festa e, cun pequeno desvío á esquerda, podemos atopar a súa fermosa igrexa. O roteiro toma camiño cara á esquerda por unha estrada local ata Carballedo onde se sitúa Witericus hospedaxe, por si o/a peregrino/a quere facer un alto no camiño

Unha vez retomado o camiño, atopámonos en Aldar. A partir deste punto, déixase atrás a Terra Chá e chegamos ao municipio de Friol.

ALOXAMENTO NESTA ETAPA:

HOSPEDAXE WITERICUS

Lugar O Carballedo, 1, Santa Leocadia, 27380 Guitiriz.

Telf: 982 163 095 / 678 415 728

Descarga o folleto da
Etapa Baamonde – Sobrado por Santa Leocadia – Miraz

Descargar