Coñece Guitiriz

SITUACIÓN

O Concello de Guitiriz pertence á provincia de Lugo e á comarca da Terra Chá. Esta vila termal, de 294 km² de extensión, delimita cos concellos de Xermade, Vilalba, Begonte, Friol (pertencentes á provincia de Lugo); Sobrado, Curtis-Teixeiro, Aranga e Monfero (da provincia de A Coruña).

O Concello conta con máis de 5.000 habitantes e divídese en 18 parroquias que posúen un gran Patrimonio Histórico-Cultural.

Guitiriz, o municipio da auga e a pedra, é considerada tamén como vila termal. As fontes de Pardiñas, Guitiriz e Parga son famosas polas súas augas medicinais; boas para doenzas de fígado, riles, infeccións da pel e trastornos dixestivos. É moita a xente que visita o noso pobo para desfrutar delas e do entorno natural no que se sitúan.

E como sabemos que o corazón se conquista polo estómago, non podes pasar por Guitiriz sen probar a nosa gastronomía e sobre todo, a nosa torta de millo.

A NOSA HISTORIA

Guitiriz fúndase no século VI, polo rei suevo Witerico; o cal bautiza a vila co seu propio nome.

No ano 1822, Galicia queda dividida en 4 provincias e dentro do Partido Xudicial de Vilalba e como parte da provincia de Lugo, quedaron incluídos os concellos de Parga e Lagostelle.

Poucos anos despois, un Real Decreto do 23 de xullo de 1835, estableceu novos concellos e distribuíu as parroquias de cada un deles. Os concellos de Parga e Guitiriz quedaron con 12: Becín, Lagostelle, Mariz, As Negradas, Santa Cruz, Santo Estevo, Santa Locaia, San Salvador, Roca, Trasparga, O Vilar e Os Vilares.

Pertencentes ao Concello de Baamonde estaban as parroquias de Pígara, Sambreixo e Pedrafita. O Buriz e Labrada, foran parte da antiga provincia de Betanzos, foron adxudicadas a Vilalba.

En 1840 suprímense parte dos concellos de Galicia e Parga e Guitiriz quedan unificados en un mesmo, o Concello de Trasparga, mentras que o Concello de Baamonde desapareceu. A este novo Concello asignáronselle todas as parroquias actuais, agás Santa Mariña, que se creou a finais do século XIX.

En 1945, con sede xa na vila actual, o concello pasa a chamarse Guitiriz.