Situación: Situada a 3,5 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación

Entidades poboacionais: 12
Abelendro, Becín, O Candendo, O Castro, Chinote, A Graña, Mende, Moeiro, O Navallo, Raposeiro, Recimil, Tarulle.

En Becín consérvanse restos de mámoas coma a “Medorra de O Gandarón e de castros, como é o “Castro de Recemil”. Destaca tamén a Igrexa Románica de San Xulián, ampliada no século XIX. No atrio da igrexa atópase o Cruceiro, que foi construído por Don Xosé González Losada Pasarín no ano 1978. Destaca o Cristo crucificado, separado da cruz, a marcada anatomía e a súa Virxe coas mans cruzadas no fuste.

Festas: Último fin de semana de agosto, San Ramón.