Situación: Situada a 3,5 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación

Entidades poboacionais: 15
A Abelleira, O Campizo, O Cando, As Coutadas, A Cuíña, A Fracela, Mariz, Mezonzo, O Ombral, A Portaescoira Porto de Recimil, Pradieiro, A Viladonega, Vilasusá, Xestelas.

O elemento máis representativo de Mariz é a Igrexa de Santa Eulalia, de estilo románico, foi reconstruída no ano 1945 a partir dos restos dunha casa señorial: “O pazo da casa Tulla” deste xeito non presenta o aspecto dunha igrexa típica. Na súa parte superior, conserva unha pedra gravada cunha figura de brazos abertos que se atopaba na primitiva igrexa.

En Mariz, ó igual que en todo o Concello, abundan os muíños de auga. Os “Muíños da Muiñeira” están situados xunto a un regato e conta con cinco a distintas alturas, axustándose as cascadas da auga.

Festas:

  • 24 – 25 de agosto na honra de San Bartolomé.
  • Semana santa: a Festa do Lume e da Auga (Vixilia pascual), que conxuga elementos míticos e relixiosos, nesta celebración báixase ó río a bendicir a auga.