Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
As Negradas
Situación: Situada a 10km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 21
A Tarroeira, O Alto, Bistixoán, O Calvo, O Campo da Pena,As Cancelas, Os Candedos, A Casa Lousada, Cerdeiras, Porto Seixo, Rebordiños, Gradón, O Lousado, Ouzás, A Penabranca, A Pereira, Sutorgedo, O Torguedo, A Vacariza, Vixón, A Xarela.
Na parroquia das Negradas atópase a coñecida “Cova da Serpe”, lugar dende o que se pode ver unha panorámica fermosa de todo Guitiriz. Este é un lugar ideal para desfrutar da fauna e a flora local.
A Cova da Serpe conta cunha fermosa lenda, dise que alí vivía unha serpe dun tamaño descomunal. Esta atemorizaba aos veciños, xa que, comía vacas e, incluso algunha persoa. Cóntase que cando saía para comer, a súa boca capturaba reses nos campos de Miraz, pero que a súa cola non saía completamente da “Pena Furada”, e entre un punto e outro hai 8 Km en liña recta. Para acabar con ela, os vecinos untaron un burro con alquitrán como cebo e, cando a serpe o tragou, predéronlle lume. Tamén se di que no Castillo de Narla (Friol) vivía unha princesa namorada dun campesiño, ambos fuxiron a este lugar e atopáronse coa serpe. Esta comeu ao rapaz, polo que, os enviados do rei mataron á serpe e salvaron á princesa.
Aos pes desta famosa Cova está a Igrexa Parroquial, en O Lousado. O “Muíño da Devesela” de 1875 e o “Muíño do Crego” de 1900, ambos están situados no na aldea do Lousado, consérvanse en bo estado, o segundo incluso funciona a día de hoxe.
Festas: O último fin de semana de setembro na honra de San Miguel.