Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Pígara
Situación: Situada a 15 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 28
A Areosa, A Caivanca, Casamuiño,As Casas Novas, A Castiñeira, A Cepeira, O Codesal, Contariz, A Cruz dos Campos, Embande, A Estrada, Ferreira, Fontefria, A Igrexa, A Lamela, Loureiros, Muros, As Pallotas, O Pazo, As Penas, A Porta dos Galonos, Porcelo,O Rego do Sapo, A Reigosa, San Cristovo, Santa Mariña, Soaxe, A Tolda, Vimieiro.
Na parroquia de Pígara podemos atopar a “Área Recreativa de Ferreira”, na que ademais de descansar, tamén se pode probar a auga da “Fonte das Verrugas”, a crenza popular conta que as súas augas son boas para elimina-las.
A “Capela de San Benito”, constituída no S.XVII, conta no seu exterior o pórtico con columnas e celosías e na súa fachada dúas pequenas ventás ós lados da porta. No seu interior non presenta retablos senón unha excelente talla de San Benito do S. XVIII. A Igrexa Parroquial de San Pedro de Pígara está situada na aldea de Fontefría.
En Pígara tamén hai restos da cultura castrexa: “O Castro do pazo”, é fácil atopalo, xa que, está xusto o lado da pista que leva a aldea do mesmo nome.
O río Ladra o seu paso pola parroquia de Pígara déixanos paraxes moi fermosas como “Os caneiros” na aldea de Purucelo. Esta é unha estupenda zona para darse un baño rodeado de amplas pradeiras e as sombras de bidueiros.
Festas:
- 29 – 30 de xuño na honra de San Pedro.
- 27 setembro na honra de San Benito.