Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Roca
Situación: Situada a 8,4 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 9
Altamira, Alto de Roca, As Lamas, As Penas, A Ponte de Roca, O Portodola, Quintán, Roca, Santa Ana.
Nesta parroquia consérvanse restos de mámoas como é a “Medorra de Pena Gallada”, e tamén da cultura castrexa como é o “Castro de Quintán”. A auga e os muíños son un dos principais atractivos turísticos de Guitiriz e bon exemplo desto pódese ver nesta parroquia.
Así, a Ruta da auga, o seu paso por Roca é unha das parroquias máis fermosas, e somérxenos nun remanso de paz e tranquilidade, camiñando a beira do río observando as cascadas, e a maxestuosidade do bosque que o rodea. Un dos tramos con máis encanto é o que vai dende Pitero – Parga.
En Roca tamén abundan as fontes como a “Fonte do Ferreiro” (Roca-puente), “Fonte da Branca e coral” e a “Fonte de Bureiros” (Quintan). Ademais da natureza en Roca tamén podemos disfrutar da súa arquitectura relixiosa, destacando a Igrexa Parroquial de San Xulián que data do primeiro tercio do S. XVIII. A súa fachada é de pedra labrada moi reformada, a estructura da nave é rectangular.
Fronte a igrexa podemos ver tamén un fermoso cruceiro. Xunto ca igrexa parroquial tamén destaca a Ermida de Santa Ana na aldea do mesmo nome (particular).
Festas: 6-7 de xaneiro, San Xulián.