Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Sambreixo
Situación: Situada a 8,4km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 14
Alfonsares, Bandoncel,O Canto do Muro, O Carballo, A Cortella, Costoiras, O Cotón, A Eirexe, A Fonte, As Penas, O Rego da Viña, Santo Alberto, Sobreouteiro, Toar.
Por esta parroquia pasa o Camiño Norte de Santiago de Compostela. Un dos lugares máis significativos de Sambreixo é San Alberte onde se atopa unha capela de estilo Gótico. Preto da capela atópase tamén unha fonte, que segundo conta a crenza popular as súas augas son boas para curar problemas relacionados cá fala.
Nos arredores da Capela de San Alberte atópase un refuxio de pescadores ideal para facer un alto no camiño.
En San Alberte comeza a “Ruta da Auga”, que é unha ruta de sendeirismo que tenta unir as tres fontes mineiro medicinais (Fonte de Valdovín en Parga, San Xoán en Guitiriz, e a Fonte de Santo Domingo en Pardiñas) do concello co Camiño Norte de Santiago de Compostela.
A igrexa parroquial de Sambreixo situada no lugar de Toar, é outro dos seus atractivos turísticos. O seu estilo era inicialmente Románico, xa que o edificio primitivo pertence ó século XII, cun pequeno vano e algúns canecillos moi sinxelos.
Outro dos alicientes para visitar Sambreixo son as fantásticas vistas que hai dende o seu miradoiro.
Festas:
- Na honra a San Remixio o primeiro fin de semana de outubro.
- A Romaría popular de San Alberte, o terceiro fin de semana de maio.