Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Santa Leocadia
Situación: Situada a 7,5km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 11
Aldar, Cabana, Carballedo,A Conchada, Digañe, Eirexe, A Laxe, O Outeiriño, A Pateira, A Raposeira, Saa.
O Camiño de Santiago abandona as terras de Guitiriz no seu paso por Santa Leocadia, por iso é de merecer facer unha visita a súa fermosa Igrexa Parroquial, situada no lugar de Eirexe. Ésta foi construída no Século XVII, pero reformouse nos séculos XIX e XX.
O interior da igrexa e moi acolledor, na reitoral conservase unha pila bautismal do S. XVII, semiesférica e con grandes estrías salientes. No atrio da igrexa parroquial destaca un Cruceiro, que formou parte dun antigo “Vía Cruces” e o “Cruceiro da Raposeira” no lugar da Raposeira, situado nun cruce de camiños.
En Sta Leocadia podemos probar as famosas augas de Guitiriz na “Fonte da Pateira”, o “Pozo do Pinto” ou o “Pozo da Cabana”.
Festas: Na honra a San Antonio o domingo anterior ó San Xoán.