Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Santa Mariña de Lagostelle
Situación: Situada a 4,7 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 14
As Augas Longas, A Cabana, As Casillas, Corvite, Os Fidalgos, Lea, Lentemil, As Mámoas, O Outeiro de Lea, A Pena do Leito, O Porto Vello, As Poceiras, Santa Mariña, Rioseco. Nesta parroquia tamén abundan as mámoas como por exemplo a “Mámoa de Os Penedos” en as Poceiras, a mámoa do “Marco de Portovello” no Portovello.
A igrexa parroquial na honra da Virxe do Carme comezou sendo, dependente da parroquia de Guitiriz, que o ser creada como parroquia en 1898 púxose baixo a advocación de Santa Mariña, sendo posteriormente ampliada.
No ano 1950, un incendio obrigou a reconstruír un novo templo. A campá leva escrito “Santa María”. No interior presenta dous retablos actuais, o maior porta as figuras da Santa Mariña, Santa Lucía e Corazón de Xesús. Xunto a igrexa no atrio atopase o cruceiro.
Nesta parroquia destaca a Fonte da Igrexa, que se acha encaixada no muro que conforma o atrio da Igrexa Parroquial, pero o máis curioso é que o manancial nace por debaixo do altar da igrexa. A fonte foi reformada no ano 1990.
Ao lado da igrexa hai unha pequena área recreativa, con mesas e bancos de pedra. A vía do tren influenciou na estrutura territorial da Santa Mariña xa que divide en dous esta parroquia.
Festas: O fin de semana máis preto do 16 de xullo. Na honra da Virxe do Carme.