Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
Trasparga
Situación: Situada a 5 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 14
Arca Cavada, Baxoi, O Cal, O Campo, O Mesón da Cabra, O Mesón Vello, A Mota, Pasarín, A Pena Moscosa, O Pino, Prado, Sante, Trasparga, Vilanova.
Trasparga ocupa un lugar moi importante na historia do concello de Guitiriz, xa que, este foi o primeiro concello que existiu, ata que finalmente acabou sendo Concello de Guitiriz.
A Igrexa Parroquial de Trasparga é de orixe romano, datada do século XX. Consérvase unha porta convertida en ventá no muro dereito e unha portada románica con dobre arco semicircular no esquerdo.
A Capela Maior ampliouse en 1910, e foi restaurada en 1995, có fin de limpar e deixar a pedra dos seus muros a vista. No seu interior, preside un retablo barroco do século XVIII con Santiago Peregrino, San Xosé e San Blas.
Nos laterais, hai outros dous retablos, un moderno con Inmaculada, Fátima e San Antonio que ten columnas salomónicas que proceden dun antigo retablo de os Vilares, e outro tamén actual presidido pola Dolorosa. Destaca tamén o cruceiro que hai no atrio da Igrexa.
No entorno de Trasparga hai tamén: “A Capela de San Xusto”, no barrio de Cal e “A Capela de San Xosé”, no barrio de Vilanova. Ao igual que no resto do Concello abundan as fontes: “Fonte de Requeixada e do Francés” en Prado, a “Fonte da Veiga do vento e da Renla” en Vilanova e “a Veiga de Aurelio” en Pasarín.
Festas: 24 – 25 de xullo na honra de Santiago.