Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
A Ruta da Auga é un paseo pola natureza, historia, literatura e etnografía deste fermoso Concello. Este roteiro duns 20 km enlaza o Camiño Norte de Santiago coas 3 fontes medicinais do Concello: Fonte de Valdovín, Parga; Fonte de San Xoán, Lagostelle e Fonte de Pardiñas, Pardiñas.
Nivel de dificultade: Media-baixa
Tempo: 6:30h
Distancia: 19,6km
O inicio, nun lugar emblemático de Guitiriz, está na parroquia de Sambreixo, nunha paraxe singular coñecida como San Alberte onde conflúen unha ponte romana, unha interesante capela gótica con cruceiro deste século (esculpido pola canteira local Josefa) e un asombroso conxunto natural con gran variedade de árbores; todo á beira do río Parga que nesta zona xa é adulto e corre raudo a xuntarse co Ladra uns kilómetros despois. Moi preto de aquí, subindo só uns metros á esquerda, atópase o miradoiro de Sambreixo dende o que se pode disfrutar dunha fermosa visión da zona.
A ruta divídese en 3 tramos
San Alberte – Fonte de Valdovín
4.650 m.
Fonte de Valdovín – Fonte de San Xoán
8.100 m.
Fonte de San Xoán – Fonte de Pardiñas
6.900 m.