Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
A Ruta San Xoán é o plan ideal para coñecer os paisaxes de Guitiriz, tomar as augas no Balneario de Pardiñas e desfrutar da área recreativa de San Xoán co seu fermoso encoro e un espazo para descansar na natureza.
Nivel de dificultade: Media-baixa
Tempo: 6:30h
Distancia: 19,6km
O roteiro de San Xoán comeza na praza do mercado de Guitiriz, onde está a igrexa de San Xoán. Saímos do pobo en dirección norte ata chegar ó Pazo, dirixíndonos logo por camiños veciñais en dirección oeste ata chegar a Pardiñas – coñecido polo seu balneario de augas indicadas para afeccións hepáticas e doenzas biliares e do aparato dixestivo.
Continuando cara o oeste, internámonos xa no MVMC de Santa Mariña, ascendemos por pistas forestais en dirección norte ata a área recreativa de San Xoán, atravesando as repoboacións de piñeirais e frondosas do monte veciñal.
![Fonte de San Xoan](https://turismo.concellodeguitiriz.com/wp-content/uploads/2021/07/sanxoan-fonte-1.jpg)
![Aula Forestal de San Xoan](https://turismo.concellodeguitiriz.com/wp-content/uploads/2021/07/sanxoan-aulaforestal-1.jpg)
![Encoro San Xoan](https://turismo.concellodeguitiriz.com/wp-content/uploads/2021/07/sanxoan-encoro-1.jpg)