SICTED

O Sistema de Calidade Turística en Destinos (SICTED) é un proxecto auspiciado pola Secretaria Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias, integrado nun marco de actuacións do Plan Integral do Turismo Español (PICTE) dirixido ás organizacións e institucións, tanto públicas como mixtas dos municipios.

A idea xorde ante a necesidade de dotar ós destinos turísticos de mecanismos que permitan dirixir e aunar esforzos cara un obxectivo común: a mellora da calidade dos servizos que se ofrecen nun mesmo destino e alcanzar un nivel de calidade homoxéneo (de nada sirve que te traten moi ben nun establecemento se no resto fano mal, deben traballar todos conxuntamente e dun xeito integrado en pro da calidade e que repercuta na satisfacción do cliente).

O Concello de Guitiriz comeza a traballar no SICTED no ano 2005, sofre un parón de ano e medio por motivos alleos á xestión municipal e retomase en maio de 2007. Dende entón as empresas participantes seguen traballando por acadar os niveis máximos de calidade e ofertar aos seus clientes o mellor servizo.

16 entidades

de diferentes sectores, tanto públicos como privados, participan no programa na actualidade

O.M de Turismo
Policia Local
Panadería La Esquina
Panadería David
Fotografía Kantero
Bar Xoldra
Tapería O Korreo
Bar Cit
Restaurante La Casilla
Albergue Wittericus
Parrillada Merendero
Parrillada A Capela
Café Bar Recreo
Camping El Mesón
Taxi Ángel Neira
Protección Civil