Torta de Millo de Guitiriz

Guitiriz é coñecida pola súa torta de millo, un biscoito artesanal que ten como ingredientes: ovos, azucre, manteiga e fariña de millo.

Pero, coñeces as historias que envolven a torta de millo?

Entre os veciños corre a lenda de que esta receita naceu dunha visita dos reis da Sagrada Familia á aldea do Boedo. Ninguén lles quería dar hospedaxe, excepto unha humilde familia do Boedo que lles brindou a súa casa, apesares de ser moi pobres e non ter nin para comer. A raiña pidéulle a nai da familia que fixese unha torta coa fariña de millo, ao que a muller se negou non confiando no resultado. A raiña, ante a súa negativa díxolle: “É tan certo que de ahí vai sair un biscoito boísimo, como que esta aldea se vai inundar” e así foi.

A historia máis realista di que había na vila unha familia que facía este biscoito e que chegou a ter tanto éxito que, cando tiveron que marchar, deixaron a receita ás outras panaderías para que seguisen comercializando este manxar.

Torta Maíz

Onde podes atopala