Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
O Buriz
Situación: Situada a 11 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación
Entidades poboacionais: 32
A Abeleira, O Buriz, Bustelo, Campoverde, Carelo, O Corral Vello, Corvite de Abaixo, Corvite de Arriba, A Costeira, A Cova, A Fontecribo, O Forno, A Forxa, A Graña, O Grueiro, A Lagoa, As Mezoiras, A Mouteira, O Pedrazón, A pedreira, As Penas, O Penediño, O Penedo, O Portelo, Rebordelo, Riotorto, San Cibrao, O Sandiño, A Ventisca, O Vilariño, Xestoselo, Xiá.
Buriz posúe un gran patrimonio histórico-cultural, así mesmo, conserva numerosos restos da cultura castrexa: “O Castro do Forno” e “Castro da abeleira”. Coñecida tamén polos petróglifos “Agro das Calzadas” e “Pena Vicuda”.
A igrexa parroquial de San Pedro do Buriz está situada na aldea de Graña. Destaca a súa fachada do Século XVII, cunha capela da virxe do Carme de 1763, imaxinería do século XVIII e na sancristía a cruz procesional de prata e unha “ara romana”, que actualmente está situada no atrio unido a un pedestal circular. Ao seu carón atópase o “Calvario da Graña”. O cruceiro que forma parte deste chama a atención pola decoración do seu fuste cunha semi-columna ornamentada con cadeas e un galo, atributos do patrón San Pedro.
Podemos ver o “Cruceiro de Riotorto” situado nunha encrucillada de camiños preto da aldea de Riotorto, conserva unha inscrición indicando os seus promotores e a súa data.
Buriz posúe fermosas capelas como a da nosa Señora de Fátima, en Corvite de abaixo, e a capela da N.S de Lourdes, situada na aldea de Xestoselo.
Festas: Seguinte fin de semana do San Xoán. Na honra de San Pedro. O último fin de semana de maio celébrase a “Festa do Carme” coñecida como Festa da Xuventude.