Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.
San Xoán de Lagostelle
Situación: Núcleo municipal.
Entidades poboacionais: 14
Guitiriz, e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio, A Landoreira, Os Liñares, Pardiñas, O Pazo, O Penedo, O Sanguiñedo, Senande, Sesulfe, A Torre.
Guitiriz e as aldeas próximas forman a parroquia de San Xoan de Lagostelle, a cal pertencen a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a “Área Recreativa dos Sete Muíños”. Unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local.
Na “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” encóntrase un gran pantano, polo cal é coñecido popularmente o lugar. Outro dos espazos naturais a destacar é o paseo fluvial que vai dende a Ponteveiga ata os “Sete Muíños”, un paseo que forma parte dun dos tramos da coñecida Ruta da Auga.
No núcleo municipal, destaca o Reloxo Analemático de Sol, situado no campo da feira. Chámase así, porque o gnomon desprázase o longo do ano segundo a declinación solar. Así, é o propio observador quen, situado sobre a data, sinala a hora coa súa propia sombra. Ao seu carón está a Igrexa Parroquial de Santa María, tamén a Igrexa de San Xoan de Lagostelle, preto do cuartel da Garda Civil en Torre Vella.
Na praza do Curro Vello podemos ver a “Capela do Ecce Homo” do século XX, propiedade dos donos da Casa Barxa. No seu interior hai un retablo coas imaxes da Virxe, San Xosé có Neno, Cristo Salvador e o Ecce Homo.
No núcleo urbano de Guitiriz atópase un Balneario, restaurado e inaugurado en 2003. No seu fermoso recinto podemos ver unha mesquita da Guerra Civil, xa que, durante esa época o Balneario foi un hospital militar.
Xunto coa arquitectura relixiosa tamén hai mostras da arquitectura civil, como é o Pazo de Camarasa; A Torre, unha antiga casa forte datada de 1372 que deu nome ao lugar no que se encontra, a mesma foi destruída e reedificada no ano 1863.
Festas:
- Na honra de San Xoan (Guitiriz) os días 23 e 24 de xuño, uníndoos co fin de semana máis próximo.
- 14 de setembro. Festa do Ecce Homo, no Curro Vello.
- Primeiro fin de semana de agosto. Festival de Pardiñas.
- Primeiro domingo de xuño. Festa da Torta de Millo.
- Todos os mércores celébrase o mercado na praza da vila.