Situación: Situada a 6km do núcleo municipal.
Consulta ubicación

Entidades poboacionais: 13
O Carballal, Cercedo, O Buxío, A Chantada,O Covelo, Ferreira, A Vilonchada, Galiñeiro, Montemeá, A Ponte, A Pobra de Parga, Portopulgo, A Tolda.

Nesta parroquia está situada a Fonte de Valdovín, que é unha das tres fontes minero medicinais que hai no concello. Outra das paraxes naturais que posúen un encanto especial é a Área Recreativa da Carballeira situada a beira do río Parga.

Ademais, destaca o CIT (Centro de Iniciativas Turísticas) onde se pode xogar o fútbol, ó baloncesto ou simplemente descansar desfrutando da fermosura deste lugar.

Parga posúe un riquísimo patrimonio histórico e cultural, podemos atopar restos de monumentos pertencentes a cultura epipaleolitica como é “O xacemento de Pena Xiboi”, declarado ben de interese cultural.

Outro dos lugares máis emblemáticos de Parga é a contorna da Igrexa Parroquial de Parga, onde podemos ver restos de sarcófagos antropoides, así como, os restos do Castelo de Parga e o cruceiro que hai nos seus arredores.

Ó lado do centro de saúde atópase a “Capela de San Xosé”. No seu interior hai un retablo de estilo barroco e talla da Virxe sedente có Neno.

Festas: 3º fin de semana de agosto, na honra de San Roque.

En Parga abundan as festas e feiras.

  • As feiras celébranse os domingos entre os días 9 e 15 e o último domingo de mes.
  • A “Feira da Canteiría, artesanía e callos” , onde podemos ver como os canteiros traballan na pedra, así como, desfrutar dun dos pratos típicos da zona. Neste día abundan as merendas familiares na carballeira.