Situación: Situada a 7,8 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación

Entidades poboacionais: 16
Bascuas, O Cando, O Casal, A Casanova, Enfestela, A Ermida, Locencia, A Mámoa, Mirón, Pereira, Revixoso, Samesode, O Seixo, Os Teixidos, Vigo e Vilaverde.

San Salvador conta cun dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz, a Aldea de Bascuas. Neste entorno encóntrase unha fermosa Capela. O santuario foi centro de peregrinación ata comezos do S.XX e debido a gran afluencia de fieis que tiña, os señores de Guitiriz e Baamonde donos do territorio no S. XVIII decidiron dotalo dun eremitorio.

Entre as moitas tradicións que se lle atribúen a esta capela, a máis importante foi o poder atribuído a súa chave para curar as persoas que foran mordidas por cans con rabia. Contan os devotos cá auga que mana da Fonte da Veiga nas proximidades do santuario ten poderes curativas e moitos son os que a collen o día da romaría para levala a súa casa.

Nesta parroquia destacan as Cruces e Os Cruceiros, así unha das máis significativas é A Cruz de Bascuas, preto do santuario da Nosas Señora de Bascuas, é unha cruz monolítica, rústica cun receptáculo e unha pequena pila para a auga bendita na súa plataforma, algo que é moi inusual.

Ademais desta cruz destaca o Cruceiro do Pazo da Casanova, situado nunha propiedade privada é moi chamativo porque presenta un cristo crucificado moi desproporcionado e os seus pes unha figura en actitude orante.

Na aldea de Vilaveiga, lugar onde se situa a Igrexa Parroquial de San Salvador, que foi levantada de nova planta, en estilo neogótico, entre os anos 1910 – 1914, desaparecendo así a primitiva igrexa románica.

Festas:

  • Segundo fin de semana de maio. Na honra de San Salvador.
  • 14 – 15 de agosto. Romaría popular da Nosa Señora de Bascuas, tamén chamada Festas das Nosas Raíces.