Situación: Situada a 6,5 km do núcleo municipal.
Consulta ubicación

Entidades poboacionais: 10
O Campo da Vila, Casanova, A Fontataza, Forcas, Fraguas, As Lobateiras, A Modia, A Pena Redonda, Rebordiños, Salgueirón.

O igual que no resto das parroquias do concello de Guitiriz, no Vilar abundan as mámoas ou medorras como pode ser a da “Fraga de Forcas”, en A Fontataza.

Nesta parroquia, destaca a Igrexa Parroquial de Santa María que é unha boa mostra da arte románica, data da segunda metade do século XII.

Existen varios cruceiros entre os que destacan o que está no Atrio da Igrexa, o Cruceiro de Rebordiños e o Cruceiro de Fraguas situado a carón da casa do mesmo nome. Os seus hórreos tamén son dignos de admirar, por exemplo o “Hórreo de Rebordiños” adxacente a casa do propietario.

Festas: O primeiro fin de semana na honra da Nosa Señora.