Parroquias de Guitiriz

O Concello de Guitiriz pertence a comarca da Terra Chá e conta con 18 parroquias, que son as seguintes: O Buriz (San Pedro), Becín (San Xulián), Labrada (Santa María), Lagostelle (San Xoán), Santa Mariña de Lagostelle, Mariz (Santa Eulalia), Negradas (San Vicenzo), Parga (Santo Estevo), Pedrafita, Pígara (San Pedro), Roca (San Xiao), Sambreixo de Parga, San Salvador de Parga, Sta Leocadia de Parga, Santa Cruz, Trasparga (Santiago de), O Vilar (Santa María) e Os Vilares (San Vicenzo).

Labrada

Labrada

Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal.

Destaca a Igrexa Parroquial de Santa María e as súas mámoas ou medorras.

O Buriz

Muro Buriz

San Pedro do Buriz é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz, a uns 11 km aproximadamente do núcleo municipal.

O Buriz posúe un gran patrimonio histórico-cultural. Conserva numerosos restos da cultura castrexa, cruceiros e fermosas capelas datadas do ano 1700.

Os Vilares

Os Vilares Igrexa

San Vicenzo dos Vilares é a parroquia situada a 7km da vila en dirección nordeste.

Os Vilares conta cun gran patrimonio histórico-cultural. Destaca a súa Igrexa Parroquial e os restos de cultura castrexa.

Santa Mariña de Lagostelle

Iglesia Santa Mariña

Santa Mariña de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó sur do concello de Guitiriz, a uns 4,7 km aproximadamente do núcleo municipal.

Coñece a Igrexa Parroquial de Santa Mariña e a fonte que se sitúa ao seu carón. Tamén podes desfrutar da súa área recreativa e a natureza que envolve a parroquia.

San Xoán de Lagostelle

Encoro San Xoan

Guitiriz e as aldeas próximas forman a parroquia de San Xoan de Lagostelle, a cal pertencen a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a “Área Recreativa dos Sete Muíños”. Unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local.

Trasparga

Capilla de Trasparga

Trasparga, situada a 5 km do núcleo municipal, ocupa un lugar moi importante na historia do concello de Guitiriz, xa que, este foi o primeiro concello que existiu.

Destaca a cultura romana nos seus monumentos de carácter relixioso.

San Salvador de Parga

Presa de Merra

San Salvador, a 7,8km do núcleo, conta cun dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz, a Aldea de Bascuas, centro de peregrinación ata comezos do S.XX.

Santa Cruz de Parga

Santa Cruz

Na parroquia de Santa Cruz de Parga, a 8,9 km do núcleo municipal, podemos atopar varias mámoas ou medorras e cultura castrexa. Destaca a súa Igrexa Parroquial de Santa Cruz de estilo románico do século XII.

Pígara

Paisaje Pígara

Pígara, a 15km do núcleo, é unha parroquia chea de espacios naturais como a súa Área Recreativa de Ferreira.  Podes ver restos da cultura castrexa e romana.

Becín

Capilla Becín

En Becín, moi preto do núcleo municipal, a uns 3km, podes atopar restos de mámoas e castros. Destaca tamén, o Cristo crucificado, separado da cruz, a marcada anatomía e a súa Virxe coas mans cruzadas no fuste.

Mariz

Atrio Mariz

En Mariz, a 3,5km do núcleo municipal, ó igual que en todo o Concello, abundan os muíños de auga e a súa igrexa de estilo románico.

As Negradas

Capilla As Negradas

As Negradas, a 10km do núcleo municipal, destaca o coñecido lugar de “A Cova da Serpe”, ademáis de a súa Igrexa Parroquial e os seus muiños.

Pedrafita

Pedrafita

En Pedrafita, a 12km do núcleo municipal, podemos atopar – como no resto de parroquias do Concello – múltiples pegadas dos romanos e abundan as mámoas ou medorras.

O Vilar

Paseo O Vilar

Nesta parroquia, o Vilar, a 6,5km da vila, destaca a Igrexa Parroquial de Santa María que é unha boa mostra da arte románica, data da segunda metade do século XII.

Parga

Foto Valdovín

Parga, é o lugar idóneo para desfrutar dun día de ocio. Ademáis, dos seus marabillosos paisaxes, podes acudir ás súas famosas feiras cheas de tradición e artesanía.

Roca

Roca Entorno Natural

Roca é unha das parroquias máis fermosas, e somérxenos nun remanso de paz e tranquilidade, camiñando a beira do río observando as cascadas, e a maxestuosidade do bosque que o rodea.

Sambreixo

Puente gótico de San Alberte

Un dos lugares máis significativos de Sambreixo é San Alberte onde se atopa unha capela de estilo Gótico e a coñecida fonta da fala.

Santa Leocadia

Santa Leocadia

En Santa Leocadia é de merecer facer unha visita a súa fermosa Igrexa Parroquial, situada no lugar de Eirexe. E varias fontes onde tomar as augas da nosa vila.